Pensar históricamente en tempos de globalización

Congreso Internacional sobre ensino da historia

Os problemas relacionados co ensino e a aprendizaxe da historia adquiriron unha crecente importancia en grande parte do mundo actual, dando lugar á construción dun campo específico de coñecementos e á formación de comunidades de investigadores tanto en España como noutros países.

O profesorado de historia ten recibido unha formación académica excesivamente disciplinar, propia do século XX e, en gran medida, carece de habilidades tecnolóxicas e coñecementos pedagóxicos actualizados.

Neste século XXI os destinatarios da educación histórica (alumnado, familias, sociedade en xeral) teñen necesidades e aspiracións radicalmente diferentes ás de xeracións anteriores. A sociedade fíxose máis complexa, conviven nela diversas lealtades e identidades que deben ser contempladas no ensino para poder xestionar democráticamente os conflictos que se xeren nela.

O Congreso sobre ensino da historia "Pensar históricamente en tempos de globalización" pretende abordar algúns destes retos e poñer en común experiencias e reflexións coa participación de poñentes de Alemaña, Arxentina, Brasil, Canadá, España, Francia, Italia, Marrocos, e Suiza.


ACCEPTED PAPERS

You can view all the accepted papers


ACCEPTED POSTERS

You can check all accepted posters


TURISTIC INFORMATION

Information reaching the city and points of interest


LINKS

A list of links to websites